Para comprendermos a Terra que pisamos


Ale que xa comezámo-lo curso! O título desta primeira entrada de setembro non é específico abondo, quizais deberiamos dicir “para comprendermos a codia do noso planeta“, con exemplos vivos da comarca de Bergantiños (Visitastes algunha vez Malpica? Recomendámosvolo).

Unha canle de youtube, chamada xeoclip, que promete ser unha ferramenta interesantísima para o estudo da xeoloxía. Xa podedes atopar varios vídeos, coma este que traemos de exemplo: Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Eva Riveiro Formoso, premiada


proteccic393n-de-datosNon sei se lembrades, os de 2º ESO e os de 4ºESO de TICs, que houbo no 2º trimestre un concurso de redacción sobre a protección de datos, o I Concurso Literario Infantil sobre a protección de datos, no que participamos. Persoalmente, o que máis lembro é a cara de parvo que se me quedou cando me decatei de que o prazo remataba a martes de entroido e que me ía ter que pasar a ponte lendo redaccións. 🙂 Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia


Pra alegrármo-lo día, velaquí un artigo de interese: http://ocartafol.usc.es/cartafol/contidos/pasaafolla/pasaafolla_0049.html

Publicado en lingua galega | Deixar un comentario

Parabéns aos nosos representantes no clube de debate.


Bea Pérez, unha das últimas “adquisicións” do colexio no apartado de profesorado, comprometeuse a preparar un grupiño de rapaces/zas para participar no Clube de Debate ao que nos convocaron desde o DLG do noso Concello. Recentemente enviounos unha breve reseña do día do encontro con outros centros. Seguir lendo

Publicado en Concursos e participacións, lecer, lingua galega, Para os pais e as nais | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Nace unha nova revista sobre música


Pódese atopar en papel, mais tamén a tes en versión electrónica. Chámase “Ouve!” (do verbo ouvir) e podes botarlle un ollo.

Publicado en lecer, lingua galega, Uncategorized | Deixar un comentario

Estamos a un mes do Día das Letras Galegas!


Carlos Casares

E sabedes a quen se lle adica este ano un día tan especial? Pois si, a Carlos Casares. Somos un país cunha densidade de escritores/as por número de habitantes elevadísima, un país culto, vaia. Os compañeiros de Os Dices de Rois, coma adoitan facer todos os anos, teñen xa listo o seu telexornal sobre o autor homenaxeado deste ano. Traballaron moito e moi ben e hai que felicitalos, que, como se isto non dese choio abondo, crearon unha segunda curta titulada “A miña obra favorita de Carlos Casares”. E que menos que botarlles un ollo? (Á parte de que poden ser moi útiles: en que clase decente de lingua galega, non se traballa a figura de Carlos Casares?)

Ademais, dentro, ligazóns de interese sobre a figura de Carlos Casares. Seguir lendo

Publicado en Letras Galegas, lingua galega, Recomendacións do EDLG, Recursos para o alumnado, Recursos para o profesorado, Uncategorized | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Enreguéifate!


O concurso de vídeo Youtubeir@s está a piques de pechar o prazo de inscrición, espabilade! Pero tranquilos/as, porque vén outro novo, Enreguéifate.

Como o nome suxire, nesta ocasión trátase de organizar unha discusión entre varias persoas, pero non estilo Tele5, senón unha cousa elegante e ordenada, como sempre se fixo por estas terras: alternativamente ides falando, expoñendo opinión, picando ao contrario… pero sempre cantando en verso. Aínda que as regueifas tradicionais son espontáneas e os versos créanse sobre a marcha, para este concurso podedes preparalos con calma e logo gravarvos. É divertido!

As bases a continuación Seguir lendo

Publicado en Concursos e participacións, lecer, lingua galega, Para os pais e as nais, Recomendacións do EDLG | Deixar un comentario

Feliz día de Rosalía


Supoñemos que estades celebrando este día por todo o alto. Nosoutros deixamos nesta entrada a nosa pequena homenaxe: un vídeo que montou Rosa Blanco no seu tempo “libre” e outro da rapazada de primaria falando rosaliano, feito por Mónica e Jessica. Agardamos que vos enchan o ollo.

Seguir lendo

Publicado en Actividades do centro, Colaboracións do alumnado, lingua galega, Para os pais e as nais, Uncategorized | Deixar un comentario

Volvemos ao clube de debate!


img_0752Un grupo de 10 estudantes participa no Club de Debate, un torneo organizado polos servizos de normalización lingüística de varios concellos. Este ten como obxectivo promover o uso de galego en contextos formais (o propio debate), así como entre o alumnado e fomentar a reflexión sobre temas de actualidade e o intercambio de opinións. Seguir lendo

Publicado en Concursos e participacións, lingua galega | Deixar un comentario

Proxecto Funil


Interesantísimo proxecto de laboratorio químico virtual no que podemos atopar vídeos con prácticas de laboratorio perfectamente explicadas e materiais didácticos moi atractivos. Velaquí un par de exemplos, un para primaria e outro para secundaria: Seguir lendo

Publicado en informática, lingua galega, Recomendacións do EDLG, Recursos para o alumnado, Recursos para o profesorado | Deixar un comentario