
Que equipazo!
Hoxe, 20 de decembro, ás portas do merecido descanso, celebramos -por sétimo curso consecutivo-, a nosa XCG.
Que equipazo!
Hoxe, 20 de decembro, ás portas do merecido descanso, celebramos -por sétimo curso consecutivo-, a nosa XCG.
Non é que estuden a célula só, é que fan unhas maquetas que queda un abraiadiño do que traballa esta rapazada e da maña que teñen. Pasamos por unha das aulas e tiramos a correr un par de fotos para que vexades. Seguir lendo
Unha nova que ha ser do voso interese: sabiades que se pendurades do Youtube vídeos en galego, podedes gañar 1.000 eurazos?! Explícase no vídeo que vén a continuación. Seguir lendo
Bo día.
Se tendes Whatsapp, este ano tivestes que aceptar un cambio nas cláusulas do contrato para poderes seguir facendo uso do mesmo. Entroutras cousas, o que fixestes é dar permiso a Whatsapp para que comparta a información privada dos vosos contactos con Facebook. Isto, ao noso xeito de ver, non somos entendidos en leis, é unha ilegalidade que vulnera a lei de protección de datos pois ti (si, ti) estás entregando a información persoal dos teus amigos e familiares a unha empresa, para que á súa vez lla pase a outra, sen premiso desas persoas que tes nos contactos. Quen che dá dereito a facer semellante cousa? Seguir lendo
Achegamos un vocabulario galego-español-inglés para que poidades procurar todas as dúbidas que teñades de como nomear os conceptos do ámbito da química en galego. Ao final do documento tendes a listaxe dos termos, tanto en inglés como en español, por se os queredes buscar nestas linguas, para achar a forma correcta na nosa lingua. Agardamos que lle tiredes proveito. Seguir lendo
Como comentabamos na entrada anterior, a rapazada escolleu as mellores cabazas. Logo o alumnado do EDLGal aínda elixiu as que lles parecían mellores de entre esas e, cando estivo todo listo, fixemos unha entrega de premios. Como se pode ver nas fotos, os diplomas e agasallos están en boa parte feitos polos mozos e mozas que forman o EDLGal. Un rapaz e unha rapaza dos que máis horas lle botaron á realización dos agasallos foron os encargados de iren polas aulas entregando os premios e felicitando os premiados. Seguir lendo
Pois si, ho, que xa está aquí outra vez o Samaín, semella que foi onte… Este ano tamén as familias e máis os cativos participaron abondosamente. De entre todas as cabazas decoradas, o propio alumnado escolleu as que consideraron mellores ou máis orixinais en cada clase, aínda que todas teñen moitísimo mérito. Seguir lendo
De esquerda a dereita: Jorge, Pedro, Laura, Julia e Martín.
Jorge Barbeira, Pedro Fernández, Laura Gómez, Julia López e Martín Sanchidrián forman un dos dous equipos que decidiron participar no concurso RecCurta, organizado por Escolas Católicas como actividade para a dinamización da nosa lingua. A obra presentada, O Recordo Esquecido, foi merecedora dos premios aos mellores efectos especiais e á mellor música adaptada. Seguir lendo
Deixámosvos os vídeos da rapazada de infantil, que estivo traballando a Manuel María nas aulas, como deixan mostra os seguintes vídeos. Grazas a todo aquel que participase dalgún xeito a introducir os nenos e nenas nunha cultura que é a deles/as e que teñen dereito a recibir. En especial, grazas a aqueles pais e nais que, galegofalantes ou non, galegos de orixe ou de asentamento, son conscientes da importancia de construír unha sociedade única e cohesionada ao tempo ca diversa, sen compartimentos estancos, galega toda ela, no amplísimo sentido do termo, no que collemos todos/as. Seguir lendo