Volvemos ao clube de debate!


img_0752Un grupo de 10 estudantes participa no Club de Debate, un torneo organizado polos servizos de normalización lingüística de varios concellos. Este ten como obxectivo promover o uso de galego en contextos formais (o propio debate), así como entre o alumnado e fomentar a reflexión sobre temas de actualidade e o intercambio de opinións.

O equipo do noso colexio, formado por unha estudante de 3º ESO, sete estudantes de 4º ESO e dous estudantes de 1º Bach asistiu a unha xornada de formación en Rois o luns 6 de febreiro. Preto de 60 alumnos e alumnas chegados de Rois, Dodro e outros dous centros de Santiago, adquiriron ferramentas sobre habilidades de comunicación, documentación e argumentación para a preparación do debate. Ao final da xornada, realizouse un simulacro de debate sobre as redes sociais, no que Sabela Rial e Manuel Porto presentaron as súas ideas.

Nosoutros habemos participar o día 10 de marzo en Bertamiráns, no debate sobre o tema: “Debemos acoller ás persoas refuxiadas”. Teremos que defender as nosas ideas, posicionándonos tanto a favor coma en contra. Se superamos esta fase, asistiremos á xornada de debate final sobre o tema: “O futuro da lingua depende da mocidade”. O premio da fase final é unha viaxe multiaventura dunha fin de semana para o equipo.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Concursos e participacións, lingua galega. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s