Monthly Archives: Febreiro 2013

Hai que escoller entre lingua propia e plurilingüismo?


No mesmo día que coñecemos que o Tribunal Supremo ratifica o modelo de inmersión lingüística no ensino catalán, lemos esta entrevista sobre a situación do mergullamento lingüístico en catalán pero en Francia: http://praza.com/movementos-sociais/3698/o-falso-debate-entre-lingua-propia-e-plurilinguismo-e-unha-aberracion

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

O mundo á noite


 “O MUNDO á noite” é unha campaña de ciencia cidadá para medir o brillo do ceo nocturno e concienciar sobre o problema da Contaminación Lumínica. Nas sete edicións anteriores, cidadáns de 113 países achegaron en total máis de 83000 medidas … Seguir lendo

Publicado en Actividades do centro, Concursos e participacións, lecer, Para os pais e as nais, Recursos para o profesorado | Etiquetado , , , , , , | Deixar un comentario

Mércores, 27 de febreiro, relatorio de Xurxo Mariño: “Radiación dos teléfonos móbiles e saúde”


Xurxo Mariño Alfonso (Lugo, 1969) é biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña e imparte materias en centros universitarios da Coruña, Ferrol e Santiago. É membro … Seguir lendo

Publicado en Actividades do centro, Para os pais e as nais, Recursos para o profesorado | Etiquetado , , , , , | 1 comentario

Dous números novos de dúas revistas xeitosas.


Por unha banda, podemos xa descargar o número catro da revista Ollos de aula, con contidos educativos dirixidos aos pais e nais. Se vos agrada, podedes subscribirvos en http://coordinadoraendl.org/lists/?p=subscribe&id=2 Se queredes ler online Ollos de aula, podedes facelo aquí: Ollos … Seguir lendo

Publicado en lingua galega, Para os pais e as nais, Recursos para o profesorado | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

O entroido na Compañía


Nos cursos de Infantil e Primaria decidiron que non podían deixar pasar o entroido sen participaren de cheo nel. E abofé que se mergullaron na festa! Mirade que ben o pasaron e canto traballaron para faceren estes disfraces tan curriños. … Seguir lendo

Publicado en Actividades do centro, lecer, Para os pais e as nais | Etiquetado , , , , , | Deixar un comentario

Un novo xornal deportivo en formato dixital.


Acabamos de ler en código cero unha boa nova: temos que dar a benvida a un novo xornal dixital especializado no campo dos deportes. O seu nome é http://taboas.org/ Se estades interesados no deporte, non deixedes de lle botar un … Seguir lendo

Publicado en lecer, lingua galega, Para os pais e as nais, Recursos para o alumnado | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Imos? Unha guía no móbil para ir de paseo coa familia


Mirade o vídeo promocional. Se vos interesa, podedes desacargar a aplicación en galapps.es, en versión IOS de Apple ou para Android.

Publicado en informática, lecer, lingua galega, Para os pais e as nais, Recursos para o alumnado, Recursos para o profesorado | Etiquetado , , , , , , , , , , , | Deixar un comentario