Velaquí tendes algunhas instantáneas do paso dos tres 3º ESO polas actividades que os monitores-voluntarios de 1º bach e do EDLG de 4º ESO lles tiñan preparadas. Lembrámosvos que estas eran:
- Mans poderosas (Elevar o nivel dun líquido por dilatación en contacto coas mans ou outra fonte de calor)
- Aerodinámica (Dinámica de fluídos: consecuencias de que o aire pase arredor da botella ou atravese un funil)
- Atracción fatal (Facer visible o Ppio. de Bernoulli con bandeiras e pelotas de tenis de mesa)
- Globos maniáticos (Electrización por fretamento)
- Globo caprichoso (Globo que se introduce el só nun matraz por diferenza de presións)
- Boca abaixo e non cae (Seguimos xogando con auga e a presión atmosférica)
- O vaso de papel que non arde (… porque a auga do seu interior non deixa que acade a temperatura de ignición)
- A pinga submarina (Traballamos as densidades e o Ppio. de Arquímedes)
- Burbullas de xabón (Vimos que formas adoptan as películas de xabón en diferentes corpos xeométricos: tensión superficial)
- Mira ti para que valía unha vasoira (Centro de masas e poleas). Tiña un complemento no apartado das puntas en equilibrio (Estática).
- Medición de Alturas con Espellos (Aplicación do teorema de Thales)
- A banda de Moebius (Non é un grupo musical -aínda que podería-, senón un pouco de estudo de topoloxía)
- Torres de Hanoi (xogo matemático)
- Amosa a túa habilidade (Razoamento lóxico)
- Garrafas de Auga (Outro enredo matemático)
- Pesando e Pensando (Pois iso, razoar!)
- O milagroso intercambio entre o aceite e a auga (De novo xogamos coas densidades dos líquidos e a pericia do alumnado)
- Guerra gasosa (Inchamos un globo con CO2 mediante unha reacción química)
- Negro de cores (Cromatografía)