Parabéns aos nosos representantes no clube de debate.


Bea Pérez, unha das últimas “adquisicións” do colexio no apartado de profesorado, comprometeuse a preparar un grupiño de rapaces/zas para participar no Clube de Debate ao que nos convocaron desde o DLG do noso Concello. Recentemente enviounos unha breve reseña do día do encontro con outros centros.

O venres, día 10 de marzo, tivo lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns a xornada de debate da zona de Compostela (que inclúe os concellos de Ames e Santiago). O noso centro participou cun equipo de nove estudantes de 4 ESO e 1º Bacharelato. O tema era: “Debemos acoller as persoas refuxiadas”. Na primeira quenda de debate tocounos defendermos a postura a favor da acollida dos refuxiados e na segunda en contra. Nos dous casos debatemos contra equipos do IES do Milladoiro. Interviron Manuel Porto de 1 Bach e Nerea Barros de 4 ESO. O resto do equipo colaborou na elaboración de contraargumentos e realizoulle preguntas ó outro equipo. Houbo moi bo ambiente de traballo cos outros centros e gozaron dun xantar en común. Nós non gañamos, mais aproveitamos moi ben a oportunidade. Os equipos do IES Pontepedriña e IES Bertamiráns foron os gañadores e participarán o vindeiro 6 de maio, no Centro Sociocultural de Santa Marta, no debate final sobre o tema “O futuro da lingua depende da mocidade”.

Fotos cedidas pola organización

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Concursos e participacións, lecer, lingua galega, Para os pais e as nais coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s