2014 – 18 de decembro

Pasou un ano, e aquí estamos de novo na V Xornada de Ciencia en Galego. A xustificación desta xornada festiva e educativo-reivindicativa da nosa lingua para as ciencias é a mesma de anos anteriores e as experiencias tamén moi semellantes ás do ano pasado. Os que cambian son os protagonistas do evento: o alumnado que o ano pasado era monitorizado este ano xa está en 4º ESO e monitoriza o novo alumnado de 3º ESO.

E foi este un ano moi tranquilo, sen ningún incidente e no que a maior parte dos monitores/as traballaron con moita seriedade. Ademais o profesorado responsable viuse reforzado por unha ex-alumna que hai pouco rematou a súa estancia no centro como profesora en prácticas, a bolseira que colabora no laboratorio e un exalumno incombustible, que formou parte do EDLG ata o ano pasado e que agora estuda en Vigo. Todos eles viñeron botar unha man de xeito desinteresado.

Tamén nos acompañou, por segundo ano consecutivo e de xeito desinteresado, Salva Bará, cos seus telescopios de Astronomía na beirarrúa.

Velaquí algunhas fotos da xornada:

(O vídeo, máis abaixo)

Vídeo resumo da xornada:

O ruído e as reverberacións do espazo no que celebramos a xornada fai que o son sexa realmente malo. Por iso decidimos silencialo e deixalo coa musiquiña de Mario Bross. Se a alguén lle quenta moito a cabeza non ten máis ca silenciar a súa computadora 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s