Monthly Archives: Maio 2015

Robótica con Igaciencia


IGACIENCIA é unha organización que se define como “a prol da ciencia galega e do galego na ciencia”.  Levan o peso da mesma un par de profesores xa xubilados pero que conservan intactas as ganas de transmitir ao alumnado a … Seguir lendo

Publicado en Actividades do centro, Letras Galegas, Para os pais e as nais, Uncategorized | Deixar un comentario

Acabamos de engadir algunha foto máis da festa de Santa Xoana


Ver ao final de https://endlciastgo.wordpress.com/2015/05/17/festa-de-santa-xoana-2015/

Publicado en Actividades do centro, Para os pais e as nais | Deixar un comentario

Entrega de premios do XXXVII Certame Literario


O día 19 de marzo celebramos a entrega de premios do XXXVII Certame Artístico-Literario. Nun salón de actos cheo de alumnado coas súas familias e profesorado , tivo lugar un acto dinámico e ben organizado que rematou co canto do … Seguir lendo

Publicado en Actividades do centro, Letras Galegas, lingua galega, Para os pais e as nais | Deixar un comentario

BIVIR por moitos anos


Manuel Arca, exalumno colaborador do EDLG, envíanos dúas ligazóns de moitísimo interese relacionadas coas traducións. Por unha banda está BIVIR, a Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego, onde os tradutores galegos, de xeito desinteresado, comparten traducións de libros de … Seguir lendo

Publicado en informática, Letras Galegas, lingua galega, Para os pais e as nais, Recursos para o alumnado, Recursos para o profesorado | Deixar un comentario

Festa de Santa Xoana 2015


Estas son algunhas instantáneas da celebración do martes á tarde e máis do día adicado a África, no que tivemos sorte co tempo e puidemos gozar do día plenamente.

Publicado en Actividades do centro, Para os pais e as nais | 1 comentario

Festa da Lingua de secundaria.


Tanto secundaria coma primaria tiveron cadansúa festa. Da segunda non nos chegaron fotos, pero da primeira, na que participou 1º ESO,  si que temos algunha que nos pode servir como lembranza daquel día que pasamos en Ourense. Logo de escoitarmos … Seguir lendo

Publicado en Actividades do centro, lecer, lingua galega | Deixar un comentario

Votade polos mellores vídeos


Como anunciamos no seu día, o DLG do concello de Santiago organizou un concurso de videocreación, de promoción da lingua, para os centros educativos. O noso participou con 5 vídeos, 4 feitos polo alumnado da ESO integramente e un no … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario