Quen somos

Todos os centros educativos de Galicia deben ter, por lei, un Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) que trate de facer o que o seu nome indica: dinamizar, promover, animar a que se empregue a lingua galega na comunidade educativa. O  equipo actual está formado por profesorado (de primaria e secundaria) e PAS:  Rosa Blanco, (Iria Figueiro, Inés Calvo, este ano de baixa), Bárbara Neira, Mónica Núñez, Rebeca Leal, Jessica Iglesias, Bea Pérez, María Fontao, Irimia M.F. e Manuel G. Turnes (coordinador). Tamén pode pertencer a el calquera alumno/a de secundaria que estea interesado/a. Por último, Javier Gayoso, profesor de Infantil,  colabora connosco na medida que lle é posible.

Se buscas materiais que faciliten o contacto ou o coñecemento da nosa lingua (lecturas recomendables, materiais multimedia…), pódeste dirixir a calquera de nós e habemos tratar de che botar unha man. Igualmente, se ti ou calquera outra persoa quere axudarnos a desenvolver as nosas actividades ou ten algunha idea que encaixe coas nosas funcións, sempre é ben recibida.

Por outra banda, dámos as grazas a todos aqueles que poñen a disposición da comunidade páxinas, imaxes ou calquera outro tipo de ficheiro do que nós facemos uso neste blog con intención de desenvolver o noso labor. Igualmente poñemos á vosa disposición todo aquilo que nós poidamos colgar para que o enlacedes, sempre que se faga un uso ben intencionado do mesmo e axude á promoción da lingua.

Nota importante: procuramos revisar todas as imaxes do alumnado que colgamos pero podemos cometer algún erro. Se vostede advirte que nalgunha aparece/n menor/es do/s que os pais non deron permiso escrito para poder publicar a súa imaxe, pregámoslle que nolo faga saber coa maior celeridade posible para poder retirar a devandita fotografía.

EDLG da Compañía de María de Santiago.

Colexio Compañía de María

Rúa da Ensinanza, 3
15703, Santiago de Compostela
Tlf: 981587500
correo-e: edlg.cia.stgo(quitatodoistoquehaientreparentesequesovalepara evitarspam)@gmail.com

A imaxe da cabeceira é unha franxa da fotografía: "carballo nacendo entre eucaliptos".

Advertisements