Non sei se lembrades, os de 2º ESO e os de 4ºESO de TICs, que houbo no 2º trimestre un concurso de redacción sobre a protección de datos, o I Concurso Literario Infantil sobre a protección de datos, no que participamos. Persoalmente, o que máis lembro é a cara de parvo que se me quedou cando me decatei de que o prazo remataba a martes de entroido e que me ía ter que pasar a ponte lendo redaccións. 🙂
Pero, mira ti, a cousa tivo o seu froito, porque Eva foi recoñecida cun premio polo seu traballo (chamáronnos onte para comunicárnolo), e o centro foi recoñecido, por sermos os que máis participamos. Noraboa a tod@s pois.