Supoñemos que estades celebrando este día por todo o alto. Nosoutros deixamos nesta entrada a nosa pequena homenaxe: un vídeo que montou Rosa Blanco no seu tempo “libre” e outro da rapazada de primaria falando rosaliano, feito por Mónica e Jessica. Agardamos que vos enchan o ollo.
Os vídeos foron amosados ao alumnado de todas as clases, o xoves 23, a primeira hora da mañá. Previamente demos lectura a unha pequena introdución, na que relembramos a importancia e mérito que tivo Rosalía de Castro e as temáticas que máis tratou nos seus escritos.
Advertisements