O concurso de vídeo Youtubeir@s está a piques de pechar o prazo de inscrición, espabilade! Pero tranquilos/as, porque vén outro novo, Enreguéifate.
Como o nome suxire, nesta ocasión trátase de organizar unha discusión entre varias persoas, pero non estilo Tele5, senón unha cousa elegante e ordenada, como sempre se fixo por estas terras: alternativamente ides falando, expoñendo opinión, picando ao contrario… pero sempre cantando en verso. Aínda que as regueifas tradicionais son espontáneas e os versos créanse sobre a marcha, para este concurso podedes preparalos con calma e logo gravarvos. É divertido!
As bases a continuación