ConxuGalego para Android


En http://conxugalego.com, podes atopar unha aplicación para móbiles Android que acaban de lanzar Sabela Barreiro González e Xurxo Méndez Pérez. Trátase dunha aplicación para móbiles que permite conxugar calquera verbo en galego, ben sexa regular ou irregular: o usuario introduce un infinitivo e a aplicación amosa tódolos seus tempos verbais. Ademais, ten unha compoñente lúdica, xa que inclúe pequenas sorpresas ocultas (o que en informática se coñece como “ovos de pascua).

Por suposto, a aplicación é de balde, e pódese descargar gratuitamente dende a tenda de aplicacións Android Market a través do móbil.

Esta entrada foi publicada en informática, lingua galega, Para os pais e as nais, Recursos para o alumnado, Recursos para o profesorado. Ligazón permanente.

1 Responses to ConxuGalego para Android

  1. Sabela di:

    Acabo de descargalo e ten moi boa pinta. Vaime ser de moita utilidade. Moitas grazas!!

Deixar un comentario