VI Xornada da Ciencia en Galego: unha viaxe aos miolos.


CYMERA_20151104_131611A que estivo ben a videoconferencia deste ano? Xurxo Mariño relatounos dun xeito breve, ameno e para todos os públicos o apaixonante mundo do encéfalo. E, mira ti, resulta que a máis linguas que un domina, máis desenvolve o entramado neuronal! Outra razón para estarmos de noraboa por termos unha lingua de noso e para afondar no seu uso.

Por razóns de espazo na sala de vídeo, participaron da actividade os alumnos e alumnas de 1º bach e 4º ESO máis encamiñados cara as ciencias. Agardamos que fose do voso agrado, sempre podedes facer uso dos comentarios, tanto para criticar como para gabar o acto.

En canto teñamos a ligazón, á gravación do relatorio, habémola poñer ao voso dispor para que, os que non participastes, poidades tamén incorporarvos á celebración en diferido.

CYMERA_20151104_131900

As preguntas a Xurxo realizámolas a través do twitter. Como eramos moitos centros, só contestou algunhas.

CYMERA_20151104_131633

Xurxo Mariño en acción

CYMERA_20151104_132019

Unha das imaxes coas que explicou o proceso da comunicación.

Esta entrada foi publicada en Actividades do centro, lingua galega, Para os pais e as nais, Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Responses to VI Xornada da Ciencia en Galego: unha viaxe aos miolos.

  1. Pingback: Relatorio de Xurxo Mariño en diferido | Aí falaches!

Deixar un comentario