Alumnado de 4ºB recibe dous premios por unha curta.


OLYMPUS DIGITAL CAMERA

De esquerda a dereita: Jorge, Pedro, Laura, Julia e Martín.

Jorge Barbeira, Pedro Fernández, Laura Gómez, Julia López e Martín Sanchidrián forman un dos dous equipos que decidiron participar no concurso RecCurta, organizado por Escolas Católicas como actividade para a dinamización da nosa lingua. A obra presentada, O Recordo Esquecido, foi merecedora dos premios aos mellores efectos especiais e á mellor música adaptada.

Outras referencias:

A entrega de premios compartiu espazo cos premios Frei Martín Sarmiento, tamén organizados por Escolas Católicas, para promocionar a lectura en galego. Neste caso o xurado son os lectores, desde os máis noviños ata os máis vellos, e os premiados son os autores dos libros que máis gustaron.

Comezou o acto con media hora de retraso porque houbo que agardar polo Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García, quen aduciu na súa defensa que estaba de aniversario, pois facía, o día do acto, 46 anos (servidor tamén os ten, ben é certo que desde xa hai uns meses, pero o caso e que servidor chegou puntual malia a subir a pé desde a estación de autobuses ata a cidade da Cultura…) 😡

Unha vez inaugurado o evento por parte de Charo Baleirón, Valentín García e máis o irmán Fco. Xosé Reboiras, entregáronse primeiro os Premios Martín Sarmiento e logo os de REC-Curta, estes coa intervención de Rubén Riós e Estíbaliz Veiga como mestres de cerimonias. O acto, que tivo lugar na sala Eisenman da Cidade da Cultura, foi rápido e sinxelo.

Velaquí algunhas fotos para a lembranza.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Concursos e participacións, lecer, Para os pais e as nais. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s