Fotos da VI Xornada de Ciencia en Galego, segunda parte.


OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O globo tímido sempre é un éxito

Ola a todos/as.

Como xa sabedes, onte venres tivo lugar a xornada de experimentos que facemos todos os anos para celebrar que gozamos dunha lingua perfectamente útil para facer ciencia. Xa non nos molestamos en explicar o contido da Xornada porque empezamos a coller complexo de centrifugadora :), se queredes detalles téndelos explicados nas celebracións de anos anteriores. Ímonos centrar só nas variacións desta edición verbo doutras anteriores:

O máis salientable foi que, por primeira vez, os monitores non foron voluntarios de 4º ESO senón aquel alumnado que se sumou libremente ao EDLGal (EDLG do alumnado), todos eles de 2º ESO, que son claramente xente participativa. E hai que dicir que traballaron moi ben.

Tamén quedamos moi contentos coa participación do alumnado de 3º ESO, que gozou da sesión ao tempo que tomou moi en serio a visita ao pavillón dos experimentos. Trataron con moito respecto os monitores/as, malia a seren dun curso por debaixo do seu, e deixáronse guiar, prestando atención ás explicacións. Con xente así dá gusto.

Pola contra, no capítulo de dificultades, este ano tivemos que retrasar o día da Xornada do derradeiro venres lectivo de 2015 ao primeiro de 2016. Ademais non demos atopado data para que Salvador Bará nos acompañase cos seus telescopios, como ocorreu nas dúas anteriores Xornadas.

No apartado de anécdotas podemos incluír a sorpresa coa que comezou o día: cando fomos procurar o extintor de detrás da porta para poñelo dentro do pavillón, como medida de seguridade, descubrimos que estaba taponado, como se pode ver nunha foto máis abaixo. Aledámonos de que esta demostración de insensatez quedase no apartado de anécdotas e non pasase ao de sucesos, porque se chegamos a precisar do extintor e non nos decatamos de como estaba (quen o ía supoñer se foron revisados en decembro!) o día puido deixar de ser unha festa. Cousas veredes.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades do centro, Alumnado do EDLG, Para os pais e as nais. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s