A máquina que constrúe a mente e a realidade.


 

Xa chega a videoconferencia da VI Xornada de Ciencia en Galego! Coma todos os anos, porque somos nosoutros así, en vez de unha imos ter dúas xornadas. Nesta primeira, a do día 4 de novembro, participamos -un ano máis- na videoconferencia organizada pola CGENDL, coordinadora á que pertencemos.

Desta vez o relator vai ser Xurxo Mariño Alfonso, a quen xa convidamos nunha ocasión ao noso centro para falarnos de se eran ou non perigosas as radiacións dos móbiles. Xurxo é biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998) e profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. É especialista en neurofisioloxía e forma parte do grupo de investigación Neurocom, entre outros.

No seu relatorio ha tratar de explicar que o que percibimos, as emocións cotiás, son unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o “eu” cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?

O alumnado de ciencias de 4º ESO e 1º bach van asistir a esta videoconferencia, na sala de vídeo do colexio, o xoves 4, de 12:30 a 13:30h. Para os demais, habemos colgar aquí a ligazón á gravación que se faga desde a UdC ese día.

E lembrade: celebramos que temos unha lingua propia que serve para todo; por máis que algúns queiran reducila a certos ámbitos, tamén vale para transmitir e crear ciencia!

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades do centro, lingua galega. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s