Martes, 6: o día da inclusión


OLYMPUS DIGITAL CAMERA

No castelo de Soutomaior

Martes pasado saímos toda a secundaria en estampida, cada curso para unha parte diferente de Galicia. Entre uns e máis as outras non deixamos recuncho sen pisar. Esta excusa cultural é a que empregamos todos os anos para permitir que a xente que chegou nova ao centro conviva cos compañeiros e teña máis doada a integración.  Como mostra, a saída de 4º ESO, que se dirixiu cara terras pontevedresas: primeiro unha visita ao cerne das nosas orixes, no centro de interpretación de Campo Lameiro, onde houbemos de substituír un obradoiro de caza por outro no que nos convertemos en oleiros primitivos. Logo unha comida a lume de carozo en Pontevedra e, para rematar, visita ao castelo de Soutomaior, reconstruído por Pedro Madruga logo de ser arrasado polos irmandiños. Se queres ver as fotos…

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades do centro, Para os pais e as nais. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s