Buscamos xente coma ti!


E por que? Pois porque queremos formar un grupiño de xente que se anime a afianzar a nosa fala dun xeito entretido, ameno e divertido.

Queremos que sexades:

  • os/as monitores/as da vindeira Xornada de Ciencia en Galego,
  • os/as reporteiros/as gráficos/as das actividades do colexio,
  • os/as creadores/as de documentais sobre os temas que máis vos interesen,
  • os/as cantantes do noso Galeoke,
  • o grupo de moda que canta ou rapea en galego,
  • a xentiña que só busca un sitio onde se sentir cómodo e falar galego sen ter que dar explicacións nin aturar comentarios,
  • aqueles/as que fan un intercambio con outro centro de Galicia
  • os/as que se xuntan para xogar un partidiño
  • calquera outra cousa que se vos ocorra, pero sempre en galego

Queremos que poidades ser vós mesmos/as. Tanto se xa falades galego na casa como se nunca destes a primeira palabra e procurades un ambiente que vos axude a comezar.

APÚNTATE

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades do centro, Alumnado do EDLG, lecer, lingua galega, Recomendacións do EDLG, Recursos para o alumnado. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s