Faladoiro sobre as músicas actuais en lingua galega


Pauliña, a estrela convidada, co alumnado de 3ºB.

Pauliña, a estrela convidada, co alumnado de 3ºB.

Xa demos conta dalgunha das actividades realizadas na Semana das Letras Galegas pero faltáronnos varias por recoller neste blog, ben por falta de tempo, ben porque non dispoñiamos das imaxes. Unha delas foi esta mesa redonda.

Por medio desta actividade dende o Equipo de Dinamización pretendiamos que o alumnado do centro coñecese a novas/os artistas musicais que están a xurdir en Galicia. Por iso trouxemos a un dos creadores do blog Gz Música, que tras uns anos só como blog transformouse tamén nun programa de televisión. Dani falounos do proxecto, por que foi creado, e como dende o blog tentaban dar visualización a todos os artistas que non tiñan un espazo nos medios de comunicación de masas, posto que, como el reflexionaba, non CYMERA_20150522_130918hai un medio aglutinante a onde un poida ir e escoitar música integramente en galego. Algo que si sucede coa lingua castelá (en cadea Dial, por exemplo) ou en inglés (en cadea M80, por exemplo). Durante a súa exposición falou de diferentes grupos emerxentes e onde poder atopar os seus traballos para escoitalos.

Tamén interveu Paula Chaves (Pauliña), nova cantautora que canta en galego. Ela CYMERA_20150522_131014compartiu as súas composicións e explicóunolas. Durante a breve exposición que fixo antes do concerto que ofreceu, reflexionou sobre as razóns que a levaron a mudar a súa lingua de comunicación cotiá do castelán ao galego. Durante vinte cinco minutos ofreceu un concerto con varios temas propios e varias versións, todas de grupos galegos e con permiso dos seus creadores, de bandas como Xenreira ou Dios Ke te Crew.

A continuación un resumo bastante extenso do faladoiro:

Entre intervención e intervención, os tres alumnos que se prestaron a participar na actividade presentaron tres vídeos de dúas bandas emerxentes galegos: Dakidaría e Skarallaos. Todos estes vídeos están dentro da licenza de Creative Commons, e a súa mostra pública é legal, sempre que non se consiga ningunha contraprestación económica ao respecto. Podedes procuralos na rede.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades do centro, Letras Galegas, lingua galega, Para os pais e as nais, Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s