Robótica con Igaciencia


OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Obradoiro de Robótica

IGACIENCIA é unha organización que se define como “a prol da ciencia galega e do galego na ciencia”.  Levan o peso da mesma un par de profesores xa xubilados pero que conservan intactas as ganas de transmitir ao alumnado a curiosidade e máis o interese pola ciencia.

O 20 de maio, como unha das actividades da Semana das Letras Galegas, boa parte do alumnado de 3º ESO participou en Vigo nun obradoiro introdutorio á programación e á robótica. Tratábase de crear un contorno tecnolóxico atractivo no que tivesen a oportunidade de desenvolverse en galego (que aproveitasen a ocasión xa dependeu máis da concienciación e da seriedade de cada alumno/a). Coidamos que a actividade foi un éxito e que a saída pagou moito a pena.

Velaquí a reportaxe gráfica desta xornada.

O obradoiro constou de dúas partes. A primeira foi de formación e prácticas tuteladas: arredor dunha mesa e acompañados por unha monitora, aprenderon a programar o robot nunha interfaz gráfica. Na segunda, divididos en grupos, enfrontáronse a unha batería de probas que debían resolver de xeito autónomo: conseguir que o robot describise un triángulo no seu desprazamento, que parase ao detectar unha liña negra, etc. Deixamos tamén un vídeo con algún momento da xornada.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades do centro, Letras Galegas, Para os pais e as nais, Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s