O banquete de Conxo.


banqueteDeixámosvos aquí, en vídeo e en directo, a tres mulleres que participaron no recital poético-musical que tivo lugar no Hospital Psiquiátrico de Conxo, este 21 de marzo, co gallo do acto de relembranza do banquete celebrado a mediados do século XIX. Xiana Arias e Olalla Cociña comparten neles as súas poesías e, Alba María, ademais faino cantando.

Sen lle quitar valor á obra das dúas primeiras poetas, sobre as que podedes informarvos nalgunha librería especializada e mercar os seus libros, recomendámosvos que merquedes (non copiedes, merquedes!) o disco “Aínda” que acaba de gravar Alba María. Escoitádea aquí a ver que vos parece.

En que consistiu o Banquete de Conxo.

O banquete de Conxo celebrouse en marzo de 1856. Foi un acto de rebeldía, un desafío a un esquema de clases sociais moi ríxido e afianzado na sociedade galega daquel momento. Un grupo de estudantes universitarios, xente polo tanto de boa familia, organizou un banquete no que, como símbolo da igualdade entre as persoas, servían a comida aos comensais da clase traballadora. Nin que dicir ten que sentou fatal nas súas familias e na clase adiñeirada de Santiago de Compostela. (Por certo, Conxo daquela non era un barrio compostelano, senón un concello colindante que comezaba xusto despois da actual Avda. Romero Donallo.

Desde o centro sociocultural de Conxo deron na boa idea de relembrar todos os anos aquel acto no que participaron Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e, disque, probablemente tamén Rosalía de Castro. Estes son algúns momentos do acto sinxelo deste ano.

Alba María

Mentres escoitades, fixádevos na escaleira. Non se apreza no vídeo pero é unha marabilla, con pezas longuísimas de mármore, de incrible valor económico e arquitectónico.

O son non é moi bo porque está gravado nun espazo con moita reverberación a base de móbil e pulso. 🙂

Ademais no seguinte vídeo houbo un pequeno accidente e faltan uns segundos polo medio da canción. Pero, a que paga a pena?

Se cadra aquí tendes versións mellores das cancións de Alba María.

Xiana Arias

Que acentazo envidiable que ten. Escoitade con atención.

Olalla Cociña

Non vos creades o que di a LOMCE, a cultura non é máis importante se dá cartos. Escoitade a Olalla. Quen sabe se, entre todas, vos han animar a participar no XXXVII Certame Artístico-Literario do colexio, no apartado de poesía!

Grazas a Xiana, Olalla e Alba por nos permitiren subir os vídeos ao noso blog.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en lingua galega, Recursos para o alumnado, Recursos para o profesorado. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s