Música á sombra


Natalia Ensemble é un grupo de músicos de toda Europa que, malia a que cadaquén ten o seu traballo noutros espazos, de cando en vez vense para agasallar aos afortunados que os poden escoitar con algunha das súas obras. Nun mundo bipolar no que vivimos entre as grandes empresas que nos meten uns cantos discos polos ollos, dos que se fan millóns de copias, e os pequenos grupiños que nacen aca, alá e acolá e tratan de botar a andar a súa primeira obra mediante o micromecenado (crowfunding en inglés) dá gusto atopar novas pequenas xoias coas que alimentar o espírito. Coñeciades esta agrupación?

Entre os compoñentes de Natalia Ensemble podedes atopar un galego especializado na frauta traveseira chamado André Cebrián, ou unha profesora da escola de música de Santiago, Bleuenn Le Friec, de orixe belga, auténtica mestra da arpa. Ambos os dous participan nesta versión da poesía de Rosalía de Castro, Negra Sombra, musicada por Xoán Montes. Canta a hoscense (naceu en Monzón, Huesca) María Eugenia Boix.

En youtube podes atopar outras moitas pezas de Natalia Ensemble.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en lecer, Para os pais e as nais, Recomendacións do EDLG, Recursos para o alumnado, Recursos para o profesorado coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s