Espantallo Amigo e Cantigas da estrela.


Durante este Nadal, a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, da que forma parte do Concello de Santiago, ofrece en Compostela dous espectáculos para público familiar, a obra de teatro Espantallo Amigo e o concerto Cantigas da estrela.

A entrada é de balde pero cómpre recoller a invitación previamente.  Están dispoñibles no despacho de billetes do Teatro Principal no seu horario habitual (martes a sábado entre as 18 e as 21 horas) e, en caso de que non se esgotaran, unha hora antes de cada espectáculo no propio Auditorio de Galicia.


 O Espantallo Amigo

23 de decembro, ás 17.30 h na sala Mozart do Auditorio de Galicia

Os Quinquilláns (Lucho Penabade e Tero Rodríguez)

A trama, creada por Xosé Neira Vilas, está contada na versión teatral de Os Quinquilláns polos nenos que no seu día conseguiron superar a miseria grazas á xenerosidade do espantallo amigo e que, xa convertidos nun home e nunha muller, queren facer unha montaxe teatral que amose o acontecido.

 

Cantigas da Estrela

28 de decembro, ás 12.30 h na sala Mozart do Auditorio de Galicia

Magín Blanco, acompañado de Jorge Juncal, María Faltri e Pablo Vidal.

O espectáculo Cantigas da Estrela consta de dúas panxoliñas creadas por Magín Blanco para este Nadal que, mesturándose con temas do seu novo disco “Gatuxo” e dos anteriores dirixidos ao público infantil do autor, ofrecerán un repertorio intimista á par que alegre. O espectáculo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en lecer, Para os pais e as nais coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s