Andan na boca da xente X-2014


 

E será este o que non pode andar nin falar? Chámalle burro ao can!

Cal era a resposta correcta á adiviña anterior? A vasoira!!

Como xa dixemos, non demos coa acepción do verbo cochear nos dicionarios, pero iso non quere dicir que a palabra non sexa correcta, a lingua facémola as persoas (e nosa é tamén a responsabilidade de mantela viva e facela evoluír), os entendidos só recollen por escrito aquilo que eles coñecen, que non é todo nin moito menos. Entendemos que, con cochear, neste contexto estamos falando de limpar, quitar o que está cocho (un cocho é un porco ou marrau, na vindeira semana -se nos lembramos-, poñemos un par de ditos sobre cochos 🙂 ) Esta mesma palabra empregábase moito no portugués do norte de Portugal, que tiña moitas máis semellanzas co galego ca co portugués do sur -segundo nos contaba un señor en Guimarães-, ata que o de ir á escola se universalizou e os picariños comezaron a aprender o portugués estándar).

Agora imos volver ás adiviñas clásicas para nos relaxar un pouco, unha cousiña lixeira para esta semana:

Ten catro patas

mais non pode andar,

ten cabeciña

e non sabe falar

Ale, que é para onte! Témola xa? Pois escribide.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Primaria coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

8 Responses to Andan na boca da xente X-2014

  1. MMSM 5ºC nº 13 di:

    Eu creo que é a cama porque ten catro patas e non anda e tamén ten o “cabeceiro´´ que creo que é a cabeza de cama.

  2. FVF N°25 5°C di:

    Eu creo que é a cadeira.

  3. CVF N°24 5°C di:

    É a cadeira.

  4. MCG número-8 5°A di:

    A cama.

  5. pedro frade ehezarreta 5A primaria 2 ciclo di:

    A silla

  6. CNS 5ºB Nº14 di:

    Eu creo que a resposta desta adiviña é o bebé (un neno pequeno)
    Porque anda a catro patas, non sabe andar (aínda que ten cabeziña !!!) e non sabe falar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s