Andan na boca da xente VIII-2014


A compañeira vosa que mandou a adiviña da semana pasada dinos que a resposta correcta é… A GATA. 🙂

Esta semana, máis ca unha adiviña, ímosvos contar unha historia para que leades con atención e logo apliquedes a vosa lóxica aplastante:

O asunto está relacionado coa familia da miña amiga Ana. Os seus pais coñecéronse o 25 de abril de 1968. Casaron e, logo dun ano, tiveron a súa primeira filla. Daquela, os dous estaban moi metidos no mundo da música (logo rematarían por se adicaren a outros traballos que nada tiñan que ver con ela, pero naquel momento non pensaban noutra cousa). Así que se empeñaron en escoller para a súa prole, uns nomes que lles resultasen ben musicais e, tras lle dar voltas e reviravoltas á elección, finalmente decidiron que a primeira filla se había chamar Lala. Quedaron tan orgullosos da súa escolla, que á segunda puxéronlle Lele. Á terceira e a cuarta chamáronse, Lili e Lolo. A quinta chegou cando estaban xa máis vellos e sabios. Despois de pensalo ben, a nai dixo: morra o conto! Vaise chamar…

Que significa “morra o conto” e como deron en chamar a derradeira das fillas?

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Primaria. Ligazón permanente.

9 Responses to Andan na boca da xente VIII-2014

  1. JRV 5C N8 di:

    Eu creo que morra o conto quere dicir que a derradeira filla cadrou coa última vogal
    e polo tanto o seu nome ten que ser Lulu

  2. MCG número-8 5°A di:

    Ana.
    Soubena eu soa.
    “Morreu o conto” significa que a historia rematou.

  3. CNS 5ºB Nº14 di:

    Unha pregunta, como eu vós dixen a adiviña, conta como se eu non fixera nada ???
    Adiviña da gata

  4. MMSM 5ºC nº 13 di:

    Morra o conto é que se acabou o asunto.
    A derradeira das fillas chámase Ana porque di que está relacionado coa familia de miña amiga Ana

  5. DMC nº10 5ºB di:

    Morre o conto significa que se remataron os nomes das vogais e a L,Lala,…..Lolo.
    A derradeira filla vaise chamar ANA.
    Gustaríame aportar unha adiviña.———————————————————–

  6. DMC nº10 5ºB di:

    Perdoade azucre non leva tilde.

  7. CNS 5ºB Nº14 di:

    Neste caso que morra o conto significa que ten que rematar a serie de chamar a todalas fillas igual salvo cambiando dúas letras (Lala, Lele, Lili, Lolo) E falata lulu pero a nai non quería seguir con esa especia de serie.

  8. ERF nº 6, 5ºC di:

    Significa que está decidido,que non se fale máis do asunto.O nome da filla é Lulu.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s