Andan na boca da xente V-2014


Vale, vale, vale. Pero que listiños/as que sodes!! Pois agora toca unha máis difícil, non vos vaiades emocionar, a ver se imos pensar que todo o monte é ourego, que aquí os éxitos hai que traballalos 🙂

Ben, en realidade non sabemos se é máis difícil, se cadra deixádesnos coa boca aberta, co conseguinte perigo de que rematemos tragando algún coleóptero distraído! Veña, a participar!:

Que cousa ten o muíño

precisa e non necesaria;

non pode moer sen ela

e non lle serve de nada.

Como vós, se cadra, nunca vistes un muíño funcionando, interrogade avós e avoas por un tubo, que a resposta ha de acabar soando clara e diáfana nos vosos oídos.

Un último detalle: aquí estamos para aprender e pasalo ben, así que podedes equivocarvos todo o que queirades, que é o único xeito de aprender. De todos os xeitos, para que vaiades mellorando pouco a pouco, queremos advertirvos que a palabra “aguxeiro” non existe, o correcto é burato ou buraco. Quedou claro? Pois ale, a outra cousa.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Primaria coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

9 Responses to Andan na boca da xente V-2014

  1. MCG nº8 5ºA di:

    O ruído, díxomo unha compañeira de traballo da miña nai.

  2. COA nº 16 5oB di:

    É o vento.

  3. SDG Nº9 5ºA di:

    A respsta é a auga

  4. CHL N1 5B di:

    O ruido.Ainda que era dificil conseguín responder.

  5. MMSM 5ºC nº 13 di:

    Eu creo que é o ruído porque aínda que o ten non lle serve de nada e se non se escoita non está moendo.

  6. CNS, número 14 , 5 B di:

    Necesita ter ruído .
    A resposta é o ruído.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s