Queredes facer vídeos? E Banda deseñada? E escribir? Cantar?


Anímate a saltar á fama co galego (é menos perigoso!)

Pois por ofertas non ha ser, ho! Temos concursos para todos os gustos. Dádelle!

Na entrada anterior, convidabámosvos a explicar en galego, en menos de 2 minutos, algo relacionado coas matemáticas. Se as mates non vos van, temos un convite -da coordinadora dos EDLG da comarca de Santiago- para facer tamén vídeos de promoción do galego (máximo 3 min!), dentro do marco da famosa carreira Correlingua. E se vos sae algo máis longo, tranquiliños/as, que nos dixo un paxariño que axiña se ha convocar algún concurso de vídeo máis. En todos hai premios para os/as gañadores/as!!

Se o do cinema non vos dá xeito, temos concurso de banda deseñada (cómic) para o correlingua. Tampouco? Pois podedes facerlles un manifesto. Mellor música? Pois quen di correlingua di cantalingua. Daquela habería que cantar algo cos amigos, iso si, en galego, claro! E se non vos vai nada do anterior, sempre podedes votar  aquelas pezas que vos gusten máis.

En fin, que o que non participa é porque non quere. 🙂

 

 

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Concursos e participacións. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s