O Nadal vivido como se merece


Nestes días de atrás houbo no centro varias actividades dinamizadas polo EDLG que nos axudaron a encamiñármonos cara un Nadal máis auténtico. A mostra gráfica quédavos debaixo destas liñas:

A rapazada do EDLG cantándolle unhas panxoliñas ao alumnado de tres e catro aniños. Todo un espectáculo!

Tamén en Infantil, estiveron coñecendo a figura do Apalpador.

Tivemos a sorte de que o Apalpador visitase o alumnado de 2º EP. Para eles xa non era algo novo, pois o ano pasado xa viñera polo noso cole!!!

O alumnado de 1º de EP recibiu este ano, por primeira vez, a visita do Apalpador! Agora, toca portarse ben para que o ano que vén, repita!!!

Este ano, desde o EDLG, propuxemos que o alumnado de 4º de EP intercambiara uns agasallos co alumnado de 2º de EP. A experiencia, tal e como podedes ver polas caras, foi todo un éxito!!!

Tamén propuxemos que o alumnado de 3º de EP intercambiara uns agasallos co alumnado de 1º de EP. Outro éxito!!!

O alumnado de 5º de EP intercambiou unhas tarxetas postais entre as tres clases, A, B e C. Algúns deles non sabían que era iso de mandar tarxetas ás casas para felicitar o Nadal! Así que agora, ademais nos trebellos modernos e das redes socias, aprenderon un novo xeito de enviar os mellores desexos aos máis queridos, nestas datas.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actividades do centro, Para os pais e as nais coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s