O Comercio Xusto.


Isabel Gutiérrez Del Olmo Ferreiro 3ºC

O comercio xusto, tamén chamado comercio alternativo, é un movemento internacional co dobre obxectivo de mellorar o acceso ó mercado dos produtores máis desfavorecidos e cambiar as inxustas regras do comercio internacional. Trata tamén de promover unha relación comercial equitativa e ética entre produtores e consumidores

que cumpre os seguintes criterios:

1.-Creación de Oportunidades para Produtores en Desvantaxe Económica

O Comercio xusto é una estratexia para aliviar a pobreza e para o desenvolvemento substentable. O seu obxectivo é crear oportunidades para produtores que se encontran en desvantaxe económica marxinados polo sistema de comercio convencional.

2.-Transparencia e Rendición de Contas

O Comercio Xusto require unha administración e relaciones comerciais transparentes para traballar de forma xusta e respectuosa cara os socios comerciais.

3.-Construción de Capacidades

O Comercio Xusto é un medio para desenvolver a independencia do produtor. As relacións do Comercio Xusto son continuas , durante as cales produtores e máis as súas organizacións de mercado poden mellorar as súas habilidades en administración e o seu acceso a novos mercados.

4.-Promoción do Comercio Xusto

As organizacións de Comercio Xusto fan conciencia sobre a posibilidade dunha maior xustiza no comercio mundial. Suministran ós seus clientes información sobre a organización, os seus produtos e en que condicións son fabricados. Empregan as técnicas honestas de publicidade e apuntan ós estándares máis altos en calidade e empaquetado do produto.

5.-Pago dun Prezo Xusto

Un prezo xusto é aquel que se acorda a través do dialogo e participación; non soamente cubre costos de produción senón que tamén permite una produción socialmente xusta e ambientalmente responsable. Ofrece un pago xusto ós produtores e toma en consideración o principio de igual paga para igual traballo tanto de mulleres coma de homes. Os que Comercian Xustamente aseguran un pago ó día cos seus socios e axudan ós produtores a obter acceso a financiamento para las fases previas ó cultivo e á colleita.

6.-Equidade de Xénero

Comercio Xusto significa que se valora e recompensa debidamente o traballo da muller igual ca do home.

7.-Condicións de Traballo

O Comercio Xusto tamén se refire ó traballo dos produtores nun entorno seguro e saudable.

8.-Traballo Infantil (Loita Contra a Explotación)

As organizacións de Comercio Xusto respectan a Convención das Nacións Unidas para os Dereitos do Neno así como as normas sociais para asegurar que a participación dos nenos en procesos de produción de artículos comerciados xustamente non afecte ó seu benestar, á súa seguridade nin ós seus requerimentos educacionais e recreativos.

9.-O Medio Ambiente

O Comercio Xusto promove mellores prácticas medioambientales e a aplicación de métodos de produción responsable.

10.-Relacións Comerciais

As organizacións de Comercio Xusto, comercian cunha preocupación polo benestar social, económico e medio ambiental dos pequenos produtores marxinados e no maximizan as súas ganancias a costa deles. Manteñen relacións a longo prazo baseadas na solidaridade, la confianza e o respecto mutuo que contribúe á promoción e o crecemento do comercio Xusto. Se contribúe ós produtores un acceso a un pago por adiantado nas fases de pre-colleita e pre-produción.

-PEQUENA HISTORIA (en Europa)-

En 1969, abriu a primeira tenda de comercio xusto en Holanda, expandíndose posteriormente ós Países Baixos, Alemaña, Suíza, Austria, Francia, Italia, Suecia, Bélxica e Gran Bretaña. En España, a actividade comezou en 1990 existindo hoxe en día 80 tendas de comercio xusto. A cadea de comercio xusto más representativa de España en Intermón Oxfam que iniciou esta actividade en 1993 contando actualmente con 45 tendas.

-QUE VENDEN?-

Os produtos son comprados directamente a organizacións de produtores, eliminando así os gastos de transporte e mediación. Os principais produtos que se venden son:

  • Alimentación (abarca máis da metade das ventas): café (é o produto estrela), chocolate, té, cereais, marmeladas de diferentes sabores, meles, especias, froitos secos, bebidas…
  • Artesanía: esculturas, xoguetes, produtos para o fogar, cosmética…
  • Pequenos mobles
  • Téxtil: prendas de vestir, sabas, toallas…
  • Complementos: bixutería
  • Papelería: cadernos, carpetas, bolígrafos, lapis, tarxetas…

Para información resumida:

http://www.youtube.com/watch?v=U2JlIrrspnA#t=52

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Colaboracións do alumnado. Ligazón permanente.

2 Responses to O Comercio Xusto.

  1. Ramón di:

    Está moi ben redactado, e o Galego é bastante bo para unha estudante. Penso que moita xente debería de ler este artículo para darse de conta do mundo o noso redor!

  2. María Eugenia di:

    O artículo ten todala razón, deriamos de ser conscientes dos nosos actos coa natureza!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s