Espectáculo -este sábado- para os máis cativos


Copiamos e pegamos do Facebook do DLG do Concello de Santiago de Compostela:

Dentro do programa Falaredes da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, o sábado 1 de xuño, ás 18.30 horas no Teatro Principal, ofrécese o espectáculo escénico-musical A nena e o grilo nun barquiño, dirixido a público familiar.

Magín Blanco, coa súa guitarra e a súa voz, acompañado por Jorge Juncal (piano e acordeón), Jerry Noia (guitarras e baixo) e Maria Faltri (voz e percusión), darán ritmo a dous personaxes, a nena e o grilo (Prepablo Patiño e Montse Piñón), que se preparan para vivir unha historia de aventuras coa que continuarán a descubrir o mundo e os seus segredos, e o seu propio mundo interior.

Os personaxes experimentarán singulares aventuras nas que se achegarán ao mundo dende a perspectiva mesma dos nenos, sinxela e xenerosa, para incidir en temáticas como a solidariedade, o respecto á natureza, a identidade, o desenvolvemento do universo afectivo e a curiosidade por todo o que os rodea.

O espectáculo é aberto e de balde pero cómpre retirar previamente a entrada nos horarios habituais de venda de billetes do Teatro Principal (18 a 21 horas). Estas entradas reservan a butaca ata media hora antes do comezo do espectáculo. A partir dese momento distribuiranse de novo os lugares que non estean ocupados.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en lecer, lingua galega, Para os pais e as nais coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s