Menudo Lyon


Como sabedes, antes da Semana Santa, un grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO estiveron de intercambio en Lyon, Francia. É unha cidade preciosa na que naceron as cousas máis variopintas, desde o guiñol ata os teares de seda programables (os dinosauros das nosas computadoras), pasando polo cinema (os irmáns Lumiere eran de alí) e moitas outras cousas.

Lyon foi dos últimos territorios en pasar a ser franceses (antes era Lion, poboación italiana). Nesta cidade de medio millón de habitantes (millón e medio se incluímos tamén o contorno como referencia) teñen/tiveron unha lingua de seu, o arpitano, hoxe en vías de extinción, malia a que se calcula que aínda lle quedan uns 77.000 falantes entre territorios franceses, suízos e italianos limítrofes. Porén, puidemos comprobar que os seus cidadáns nin sequera son conscientes da súa existencia. Outro pequeno empobrecemento cultural para a humanidade. 😦

Velaquí vos deixamos algunha fotiño para que vos fagades unha idea do que vimos.

Os que participastes, aínda que debedes ter fotos a esgalla, se hai algunha destas que queirades con máis tamaño, dicídeo.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actividades do centro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s