Un gran xesto deportivo


Falouse moi pouco. No cros da localidade navarra de Burlada, sucedeu un feito o pasado domingo 2 de decembro que nos axuda a seguir crendo nos valores do deporte.

O atleta kenyano, Abel Mutai, medalla de ouro dos 3.000 obstáculos hai catro meses en Londres, estaba a piques de gañar a proba cando, ao entrar nunha pista onde estaba a meta creu que xa chegara , afrouxou totalmente o paso e, relaxado, comezou a saudar o público créndose vencedor. O que lle viña detrás, Iván Fernández Anaya, ao ver que se equivocaba e paraba unha decena de metros antes da pancarta, non quixo aproveitar a ocasión para acelerar e gañar. quedou ás súas costas, e acenando para que o entendese e case empuxándoo, levou o queniano até a meta, deixándoo pasar por diante.

Iván Fernández Anaya, un corredor vitoriano de 24 anos que está considerado un atleta con moito futuro (campión de España de 5.000 metros en categoría promesas hai dous anos) afirmou ao terminar a proba: “Aínda que me dixesen que gañando tiña praza na selección española para o Europeo, non me aproveitaría. Creo que é mellor o que fixen que se gañase. E isto é moi importante, porque hoxe en día, tal como están as cousas en todos os ambientes , no fútbol, na sociedade, na política, onde parece que todo vale, un xesto de honradez vai moi ben “.

De https://www.facebook.com/photo.php?fbid=425030400903935&set=a.134936639913314.27779.134925639914414&type=1

Advertisements
Estas entrada foi publicada en lecer, Recursos para o profesorado coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

One Response to Un gran xesto deportivo

  1. Pingback: Honestidade deportiva | COLEGIO SAN FRANCISCO JAVIER

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s