Andan na boca da xente, 5º Primaria (I do 2012-13)


Concentrádevos moito, que comezamos forte!

Ben, comezamos!

Prendede os cerebros, espertade as neuronas, sansanicade os vosos pais no medio da sesta (baixo a vosa responsabilidade 🙂 ) para que vos axuden, porque aquí está a primeira adiviña do curso:

O que o fai, non o quere. O que o compra, non o usa. E o que o usa, non o ve.

Que é? Ale, pensade, pensade. E cando teñades cavilado e matinado dabondo, escribide a resposta nos comentarios desta entrada do blog.

Como responder:

  1. Ó final deste artigo podedes atopar unha ligazón que di: deixar un comentario. Premede nel.
  2. Poñede no correo-e un enderezo voso ou dun familiar voso, sempre o mesmo. Este correo non se vai facer visible nunca.
  3. Como nome as vosas iniciais, nº de clase e clase á que pertencedes;
  4. Premede en Enviar o comentario e xa está.

Tendes unha semana para contestar, así que as vosas respostas non van estar visibles ata que ese tempo pase, non agardedes velas directamente no blog nada máis escribilas!!

Ánimo e a participar.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Primaria. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s