“Facendo Física de Partículas polo mundo”


Martes 6 de novembro entre as 12:30h e as 13:30h.

Con motivo da celebración do III Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar nunha videoconferencia vía web (con interacción vía chat), na que destacados investigadores galegos disertarán sobre os proxectos que están a desenvolver no LHC do CERN e mais na Universidade de Santiago.

Baixo o título “Facendo Física de Partículas polo mundo”Carlos Salgado (Departamento de Física de Partículas e Instituto Galego de Física e Altas Enerxías) e Abraham Gallás (Investigador Ramón y Cajal do Departamento de Física de Partículas da USC), xunto con outros/as compañeiros/as, achegárannos dende diferentes puntos do mundo os fitos científicos de grande interese que tiveron lugar nos últimos tempos: a descuberta dunha resonancia que podería ser o bosón de Higgs, a pescuda de partículas supersimétricas, os resultados na busca do plasma de quarks e gluons ou o estado da materia do universo primitivo.

No noso centro sumámonos un ano máis a esta iniciativa, na que vai participar alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato de Ciencias, así como o de 2º bach de Física. Agardamos que resulte tan interesante como en edicións anteriores.

Para máis información sobre a vídeoconferencia deste ano.

Vídeos de edicións de anos anteriores:

Vídeoconferencia do Profesor Ángel Carracedo: “Xenética Forense” (II Xornada, 2011-2012, ESO e Bach.)

Vídeoconferencia da Profesora Mª Isabel Fraga Vila: “Sabes por que 2011 é o Ano Internacional dos Bosques?” (II Xornada, 2011-2012, Primaria)

Videoconferencia da I Xornada (2010-2011), tamén desde o CERN

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actividades do centro coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s