O termómetro da lingua


O Consello da Cultura Galega, a través do seu Observatorio, acaba de publicar A evolución sociolingüística 1992-2008. Neste informe conclúese que nestes 16 anos o proceso de substitución lingüística do galego polo castelán segue avanzando de xeito sostido e continuo, por mor da perda de transmisión interxeracional (de pais e nais a fillos/as) e tamén pola perda intraxeracional.

Desgraciadamente, todos os estudos que se realizan sobre o estado de saúde do galego apuntan na mesma dirección, do cal se deduce que, en xeral, as políticas lingüísticas que maioritariamente se levan aplicando nestes 16 anos non funcionan ben.

No Pasa a Folla da USC podedes ver as conclusións resumidas nunha páxina.

Aproveitamos esta nova para matizar unha entrada anterior deste blogue. Foron publicadas por fin as axudas (listaxe provisional) da Xunta para a dinamización lingüística (é dicir, os cartos que algún día nos han dar para poder desenvolver o noso traballo a prol da lingua deste curso que xa remata). Imos recibir 187 euros, arredor de 1,5 céntimos por alumno. Menos mal que hai unha obriga constitucional e estatutaria de protexer a nosa lingua, que se non, igual nos tocaba pagar por tratar de traballar polo seu ben! 🙂

Advertisements
Estas entrada foi publicada en lingua galega coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to O termómetro da lingua

  1. Cibrán di:

    A ligazón que poñedes non é do estudo do 1992-2008, senón de 1992-2003 da autoría de H. Monteagudo-Anxo Lorenzo. Busquei este novo estudo ao que facedes referencia, e non o atopei. Se dérades con el, avisádeme. Xa vos anticipo o agradecemento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s