Entrega de premios do Andan


Luns, 28 de maio, o EDLG do colexio entregou uns pequenos agasallos aos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria que máis se esmeraron e máis constancia tiveron na participación da actividade Andan na boca da xente. Con ela tentamos vencellar a nosa lingua ás novas tecnoloxías ademais de dar unha excusa para que os e as participantes descobran toda a sabedoría, a riqueza léxica, de ditos e expresións que pais, avós e todo o seu contorno agochan.

Os encargados de facer a entrega dos galanos foron Lucía, Iria e Manolo, profesores que forman parte do EDLG e que, fin de semana tras fin de semana, durante boa parte do curso, foron encargándose de actualizar o blog e facer o seguimento da participación da rapazada. O acto desenvolveuse no salón de actos do centro e a el asistiron os compañeiros dos premiados para lles dar un forte aplauso.

Nas fotos podedes ver a Manuel, Pedro e Elena, de 6º e a Iria, Alejandra e Rodrigo, de 5º curso, recibindo o recoñecemento de profesores e compañeiros. Houbo máis xente que mereceu o premio, de feito foi moi complicado nalgunhas clases escoller o gañador, pero os cero euros que recibimos este ano de subvención da Consellería non nos deron para máis 🙂

This slideshow requires JavaScript.

Agardamos que para o ano todos/as vos animedes a participar de novo e que nos deades ideas de actividades alternativas -ou complementarias- ao Andan, para desenvolver convosco e que así vos sintades moi implicados/as. 😉

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actividades do centro, Andan na boca da xente, Andan: Primaria, Concursos e participacións, lingua galega, Para os pais e as nais coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

One Response to Entrega de premios do Andan

  1. M.A.C. di:

    Parabéns aos rapaces e tamén aos tres mestres, por estaren aí semana tras semana conducindo toda a montaxe e de xeito parello, axudando a manter vivas as expresións e a fala, a lingua en xeral, entre as xeracións máis novas.

    Saúdos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s