Aló se nos foi o día de Santa Xoana (pero que ben o pasamos)


O día de Sta. Xoana fixemos tamén un adianto do día seguinte, o das Letras Galegas. Este era o espazo graffiteiro no que a rapazada podía expresar, na nosa lingua, calquera cousa que lle apetecese, sen máis restrición que o respecto ós demais.

Inda foi a semana pasada pero, con esta fin de semana de 4 días e este volver a correr o luns, xa parece que todo pasou hai unha morea de tempo. E non só foi o día propio da festa ou a celebración do martes á tarde, senón tamén toda a preparación previa na que tanto vos implicades alumnado, pais e profesorado.

Para non nos esquecer de ninguén, non imos comentar todas as actividades que se deron ó longo do día, as máis delas de xeito simultáneo, nese frenesí que caracteriza o momento. Si que vos deixamos a cambio (só algunhas) fotos de Isabel Villoch, que poden dar unha idea do ben que o pasamos, aínda que non sexan representativas da morea de recunchos e actividades coas que gozamos.

Estas son:

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actividades do centro, Letras Galegas coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

3 Responses to Aló se nos foi o día de Santa Xoana (pero que ben o pasamos)

  1. Oscar L D 6ºb di:

    As fotos son moi boas.Canto queda para o ano que vén?

  2. ABL Nº3 5ºA di:

    É TODO TAN BONITO

  3. Jorge Bandín di:

    Parabéns para todos os que fixeron as festas posibles.
    As mensaxes do foto call preciosas. Agora a cumprir eses desexos.
    Ánimo pues.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s