O alumnado de 5º de Primaria participa na Festa da Lingua organizada por Escolas Católicas


O pasado venres, 4 de maio, o alumnado de 5º de E. Primaria asistiu ao acto de entrega dos Premios Frei Martín Sarmiento -nas tres categorías de primaria-, que se celebrou no Museo de Galicia da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Precisamente, foron eles, os alumnos e alumnas, os que resolveron estes premios votando polas súas novelas favoritas. As obras gañadoras desta edición, foron:

  • As espiñas do porco espiño, de Abraham Carreiro, no primeiro ciclo;
  • Xoa, de Antonio Yáñez, no segundo ciclo;
  • e A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González, no terceiro ciclo.

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, foi o encargado de entregar estes galardóns na Festa da Lingua, iniciativa que promove anualmente a Federación de Relixiosos do Ensino en Galicia (FEREGA-CECA) e que este ano, entre xoves e venres, congregou, na Cidade da Cultura, 600 escolares de educación primaria.

O feito de que cada vez a rapazada se anime máis a ler os libros que nos propoñen cada convocatoria, obrigou á organización a celebrar este ano a festa en varias localidades galegas, co fin de repartir os participantes e que o acto resultase máis manexable e acolledor. Ademais de en Santiago, a Festa da Lingua celebrouse en Ourense o 19 de abril e en Pontevedra o 24 do mesmo mes. Xa que logo, a devandita iniciativa da Ferega-Ceca, na que colabora a Consellería de Cultura e Educación reuniu na presente edición cerca de 2.000 alumnos e alumnas de primaria de diversos centros de ensino pertencentes á federación.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actividades do centro, lingua galega, Para os pais e as nais coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s