Pepe Carreiro, creador dos Bolechas, visita os seus seareiros


Despois de moito agardar, o pasado mércores, os nenos e nenas de 6º de E. Infantil e 1º de E. Primaria, tiveron a oportunidade de coñecer -en vivo e en directo- o creador dos Bolechas!!! El é PEPE CARREIRO, ese home de cabelos brancos que aparece nas fotos.
Nesta ocasión a visita mereceu a pena por partida dobre, pois Pepe presentounos os membros dunha familia moi especial: A Familia Caravana! Queredes coñecelos mellor? Pois tedes os libros desta nova colección na Biblioteca do centro. Agora só queda convidalos a ser os vosos amigos! Animádevos!

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

3 Responses to Pepe Carreiro, creador dos Bolechas, visita os seus seareiros

  1. m.p.j. 5 6ºc di:

    Que ben para os pequeniños ! Paréceme xenial , porque ademáis os libros están en galego !
    Deicalogo

  2. Sandra di:

    s.g.b 1ºC; A miña filla veu encantada,contoumo nada máis sair pola porta do colexio. Describiu todos os debuxos que saen nas fotos.Foi unha experiencia moi enriquecedora.

  3. carmen di:

    para o noso cole é unha cousa estupenda que as nenas e nenos aprendan a querer a nosa lingua e amen a lectura.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s