Final do Andan na boca da xente 2011-2012


Esta edición do Andan xa a vai levando a marea. Pero o curso que ven… máis!

Parabéns a tódolos/as que participastes! Isto de aprender a ter perseverancia e cumprir con algo semana tras semana, lembrarse de mirar o blog, procurar respostas e participar con elas, ten moito mérito e válevos tanto ou máis ca saber moitas das cousas que estudades na clase.

Para os de Secundaria: Verse ou estar na bouza sen zocos nin zapatos é atoparse nunha situación moi comprometida. Podedes, p. ex., ler a explicación que nos dá I P G de  3º C no seu comentario, que está moi ben.

Para os de Primaria: Por suposto tratábase de Valentín Paz Andrade. Nos comentarios da entrada anterior tendes algunhas respostas moi completas. Insistimos en que vexades os vídeos que vos aconsellamos nunha entrada anterior, porque pagan a pena. Duran moi pouquiño e danvos moita información interesante.

Graciñas por serdes tan animosos e diferentes! 😉

Na vindeira semana, Lucía e Iria en Primaria e Rosa en Secundaria, han decidir quen son os gañadores. Logo, supoñemos que na semana das Letras Galegas, habémonos reunir nalgún momentiño para a entrega dos premios.

O ano que vén MÁIS!!!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Primaria, Andan: Secundaria coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s