Parabéns ó alumnado que participou no “debate aberto”


Este sábado tivo lugar, no auditorio de Galicia, a celebración da fase comarcal do club de debate organizado por varios concellos. Os participantes debían enfrontarse a outros equipos en dous debates: nun deles correspondía defender que os poderes públicos deben promover a diversidades lingüística mentres que no outro tocaba achar argumentos para convencer da postura contraria.

Queremos comezar por felicitar á mocidade do IES Os Dices, de Rois, que tan ben o fixeron e que van representar a comarca de Santiago na final, -dentro de 15 días-, en Pontevedra. Igualmente hai que lles dar os parabéns ó equipo de Teo que quedou en segundo lugar.

This slideshow requires JavaScript.

Dito isto, sáenos da alma felicitar ó grupo de 1º bach do noso colexio que, dividido en dous equipos, -que quedaron en terceira (moi reñida, case segunda!) e quinta posición-, fixeron un traballo deses que fan que un profesor se sinta agradecido e en débeda cos seus alumnos, que nos rescata da desesperación que ás veces nos invade no día a día do curso :).  Comprendemos que isto poida parecer unha esaxeración a quen non os viu pechados nun cuarto un sábado enteiro para pensar estratexias e argumentos, ensaiando, repasando, levando (eles/as!) a iniciativa do traballo. Os que o presenciamos en directo sufrimos con eles cando os nervios lles xogaban malas pasadas nas súas intervencións, logo de tanto esforzo, e volvimos respirar cando lles saíron redondas.

En fin, os nosos parabéns. Nós de maiores queremos ser coma vós. E parabéns tamén, por suposto, a Laura, Ánxela e Íñigo, profesores que os acompañaron e orientaron no proceso.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actividades do centro, Concursos e participacións, lingua, Para os pais e as nais coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s