Andan na boca da xente VIII – Secundaria


Xa estamos aquí outra vez. Preparados para traballar?

A expresión anterior, como podedes ver, ten máis variantes. M.A.C. deixouvos outra nos comentarios da entrada correspondente. A expresión fai alusión á persistencia, a constancia   e a teimosía, que conseguen resultados importantes a longo prazo, antes cá violencia de resultados inmediatos. Lembra esas conversas que mantedes todos os días cos vosos maiores do tipo:

Nas mans ou nos pés...

-papá, podo… ?

-Non

-Anda pa…

-Non

-Veña, ho, que che custa?

-Que non!

-Porfa, porfa…

-Vaaale.

Sóavos a coñecido o exemplo? Pois iso: auga mol en pedra dura… Tamén se pode entender, di a vosa profesora, como que non hai que tentar a sorte moitas veces porque ao cabo pode un/ha saír mal parado/a.

Imos logo coa seguinte, explicádenos que quer dicir:

Nas mans ou nos pés has de tirar a quen es

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Secundaria coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

3 Responses to Andan na boca da xente VIII – Secundaria

  1. I P G Nº 21 3º C di:

    Que aínda que sexa en cousas pequenas sempre te vas parecer aos teus antecesores, incluíndo o carácter e a forma de ser.

  2. C S P Nº24 3ºB di:

    Que sempre te vas parecer en algo aos teus antecesores.

  3. MRF Nº21 3ºB di:

    Que a xenética marca moito, que de algún xeito acábaste parecendo ó teu pai ou a túa nai tanto en aspectos físicos como en maneiras de actúar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s