Andan na boca da xente VII – Secundaria


A lingua reflicte a experiencia vital do colectivo humano que a crea. En Galicia temos exemplos a milleiros, como este da Praia das Catedrais, que puideron inspirar a expresión desta quincena.

Xa lle contastes os pelos ó can? Contarlle os pelos a un can é unha expresión que se emprega cando “pretendemos buscar –ou conseguir– unha cousa ou persoa que vai resultar moi difícil de lograr”, segundo nos conta Rosa.

O seguinte dito que a vosa profesora vos encarga investigar, é:

Tanto dá a auga na pedra que a pedra creba

Aínda que a un servidor gústalle máis estoutra versión:

Auga mol en pedra dura, tanto dá ata que fura

Ale, a peneirar fontes de información. Se sabedes algunha outra versión ou algunha outra expresión que queira dicir o mesmo, porfá, poñédea tamén nos comentarios, que nosoutros tamén a queremos aprender.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Secundaria coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

6 Responses to Andan na boca da xente VII – Secundaria

  1. M.A.C. di:

    A peneda é dura e a auga é miúda mais, caendo caendo, fai cavadura.

  2. MRF Nº21 3ºB di:

    di que cando lle pides moitas cousas a unha persoa que a rematas enfadando

  3. I P G Nº 21 3º C di:

    Que aínda que a pedra sexa dura e a auga branda, pinga a pinga vai degantando ata que rompe.

  4. Pablo di:

    Por moi dura que sexa unha pedra se lle cae unha gota de agua no mesmo lugar durante moito tempo vai acabar furandoa. Por moi resistente ou forte que sexa algo outra cousa máis feble ou sinxela pode estropeala se é moi continua ou persistente.
    P.C 3ºc n 8

  5. C S P Nº24 3ºB di:

    Pesno que quere dicir que a constancia nunha actitude, tanto para ven como para mal acaba produciondo un efecto, negativo ou positivo respectivamente.

  6. Pingback: Andan na boca da xente VIII – Secundaria | Aí falaches!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s