Andan na boca da xente VI – Secundaria


Se lle hai que contar os pelos ó can, cóntanselle, pero, seguro que iso é un can?

Hai tempo, a xente de D. Bosco editou unha colección de marcapáxinas que chamaban “mellor dito“. Neles recollían, de varios dicionarios e fontes, expresións correctas para lembrármolas como alternativa a outras castelás que se estaban introducindo na lingua de Galicia.

Dun destes marcapáxinas tiramos as seguintes expresións que poden valer para responder á pregunta que vos fixeramos:

  • dar a lata, a murga, a fraterna ou a roncha

  • sachar en alguén

  • amolarlle

    a alguén o pataco

E logo tamén temos cousas do tipo “tolear a alguén” ou “tolearlle a cabeza a alguén” que de seguro algunha vez sentistes e empregastes, ou?

Podedes comentar que preferides, se este tipo de pregunta como o de Andan V no que vós procurades as alternativas correctas ou o sistema vello, no que nós dámos a expresión boa e vós explicades o que significa. Mentres agardamos pola resposta, velaí vos vai outra ó xeito de antes:

Que queremos dicir cando falamos de contarlle os pelos a un can? En que contextos se emprega?

Aburiño!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Secundaria coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

4 Responses to Andan na boca da xente VI – Secundaria

  1. I P G Nº 21 3º C di:

    Facer algo que non serve para nada. Emprégase cando alguén empéñase en facer algo a pesar de que non fai falla.

  2. C S P Nº24 3ºB di:

    É facer algo inútil, que non ten proveito.

  3. Julia Cernadas Campos 3ºC Nº9 di:

    Dar a lata, a murga, fraterna ou a roncha singnifica chinchar, fastidiar, molestar con palabras que causan astío por ser impertinetes.
    Sachar a alguien é murmurar sobre alguén,
    Amolarlle a alguén o pataco é, ”dar o coñazo”, ”a tabarra” ou ”dar a lata”.
    O significado de cortarlle os pelos a un can é perseguir a alguén, acusalo.
    Esto todo se usa no contexto de cando se fala de molestar ou amolar a alguén con fin de atacalo.

  4. MRF Nº21 3ºB di:

    a min gústame máis decir o significado aínda que hai algunhas ben difíciles

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s