Andan na boca da xente XII – Primaria


Estes foron os entrantes, para ir abrindo apetito

Ai que cabeciña!! Con tantas inexcusables ocupacións no ámbito da conservación das tradicións culinarias do país (estivemos ocupadísimos/as rilando nas orellas, filloas e no cocido da avoa), pasóusenos cambiar de adiviña. Pero aínda estamos a domingo e aí a vai:

Anda e non ten pés,

come e non ten boca

e toda a comida,

parécelle pouca

Hoxe vai todo en verde, en homenaxe sentida a eses greliños tan nosos que acompañan a carne no cocido (si, xa sabemos que seguramente ás vosas idades non estades capacitados para aprecialos, pobres incultos, pero tranquis, que habedes medrar e madurar como fixemos os demais 😉 ) Por certo, esta adiviña mandouna M.P.J. de  6º c. Con colaboradores así, isto évos ben doado.

Tradición, chámanlle estes. Bárbaros, ignorantes, brutos, porcófagos! Mi madriña, que non me atopen.

Por último: a resposta á adiviña anterior era… (redobre de tambores)

A CEBOLA!!

Ata a vindeira semana, e a seguir gozando das tradicións!

Por certo, parabéns ós/ás que nos explicastes que era iso de “morra o conto”. Os demais, procurade a resposta nos comentarios da semana pasada!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Primaria coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

10 Responses to Andan na boca da xente XII – Primaria

  1. S.O.M 22 5ªB di:

    Eu creo que é a barriga ou estomago…

  2. D.M.S. 5ºB Nº13 di:

    Nesta adiviña creo que é o muíño

  3. RLD Nº10 5ºB di:

    é o muíño

  4. J.G.F. Nº2 5ºB di:

    E o tempo por que este anda e non ten pes polas horas que pasan e come os minutos e como o tempo pasa a “comida” sempre parécelle pouca por que nuca acaba.

  5. M. L. M. nº15 6ºB di:

    Eu creo que é o muíño, a ver se é… Por certo eu estiven en Lalín o día do cocido, que festa!!

  6. MMR Nº14 5ºB di:

    Xa se o que é.É o muíño

  7. I.R.H 5ºC-11 di:

    eu despois d emoito pensar,creo que é o muiño.

  8. TMG n. 16 5 B di:

    Eu creo que é o mar pero non estou segura

  9. H I G 6B N9 di:

    Non estou segura pero penso que é o aspirador

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s