Enredando, artesanía na escola. (Con fotos)


En recentes datas, a Consellería de Economía e Industria deu a coñecer ó público, desde o noso centro, a segunda fase do proxecto “Enredando, artesanía na escola”. Os propios organizadores desta iniciativa explicaron ós medios de comunicación en que consiste esta, coas seguintes palabras:

Na primeira fase do proxecto, desenvolvido a finais do curso pasado, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño distribuiu entre as aulas o material e as ferramentas necesarias para desenvolver a primeira unidade didáctica do proxecto denominada “O Gremio da seda”, orientada a explicarlles aos rapaces, dun xeito práctico, como é o proceso de obtención da seda, facéndoos participar activamente implicándose no seu desenvolvemento. Deste xeito, os alumnos puideron coñecer de primeira man o proceso de produción da seda, dende a cría e evolución dos vermes ata a extracción da mesma para a confección do fío e a elaboración das teas empregando os teares.

A segunda fase do proxecto, que se desenvolverá ata o vindeiro mes de marzo, consiste na organización dunha exposición en cada un dos centros participantes que contará con paneis explicativos sobre o proceso de devanado da seda e onde os rapaces poderán [puideron] ver e tocar os diferentes tipos de seda. O proxecto rematará cunha sesión de demostración e explicación por parte da artesá encargada de supervisar a evolución de todo o proxecto, na que se explicará de xeito práctico o proceso de devanado da seda e se relatará a historia do descubrimento dos fíos de seda e a súa introdución en Europa.

Velaquí tendes algúns momentos da actividade:

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actividades do centro, Para os pais e as nais coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to Enredando, artesanía na escola. (Con fotos)

  1. m.p.j. n 5 6º c di:

    A min paréceme unha idea xenial . Creo que infundir cultura aos nenos desde pequenos é moi útil ademais de práctico .
    Seguide así co blog ! Noraboa !

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s