Ata pronto, Lamatumbá


O grupo galego Lamatumbá, coñecido máis aló das nosas fronteiras pola súa calidade, decidiu facer unha paréntese e tomar un descanso que eles mesmos explican así:

E unha das cousas máis satisfactorias de toda esta historia é que todo esto foi posible en galego, que cando alguén nos preguntaba se ao atravesar o   “telon de grelos” traduciamos as letras para cantalas en español, a nosa resposta era un rotundo non.

En poucos sitios estivemos por aí fora nos que non aparecera cando menos un galego, e se un concerto noso era unha excusa para que os galegos do lugar se xuntaran a botar unhas pezas e armar unha boa festa o traballo era máis satisfactorio aínda.

Pois ben, tras trece anos de singladura, o noso barquiño precisa de pasar unha temporada no dique seco, para facer algunha reparación, para remendar as velas, e para que a tripulación poida descansar un pouquiño a neurona, que, aínda que non o pareza, ben que ten que traballar a pobriña dela neste choio.

Esta non é unha despedida, é un ata pronto, porque en ningún momento se está a falar de pechar o chiringuito.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en lecer. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s