Era bo o mergullamento en galego (que xa non se pode facer)?


Un dos males do noso tempo consiste en que cada vez somos capaces de correr máis e máis rápido, pero non nos dá tempo de pensar cara onde corremos nin nas súas consecuencias. Isto faise patente na educación, onde asistimos a continuos cambios de leis educativas que substitúen á anterior antes de que esta sexa rematada de implantar e de ser avaliada.

Por isto hoxe podedes descargar un libro dixital editado pola universidade de Santiago no que se conclúe, segundo lemos en El Correo Gallego, que co sistema -actualmente derrogado- de inmersión en galego na etapa escolar de Infantil  “os castelanfalantes aprenderon galego sen perder a súa lingua nai e o os galegofalantes tamén aprenderon castelán na interacción cos demais sen perder a súa”.

Cando se tomou a decisión de pechar esta posibilidade ás familias, estas pelexaron porque se lles permitise seguir participando neste mergullamento voluntario pero… tocaba cambio.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Para os pais e as nais coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s