Andan na boca da xente I – Secundaria


Ola mocidade da Cía!

Proximamente, se non o fixeron xa, hanvos informar na clase da segunda edición de Andan na boca da xente na que habedes ter a honra de poderdes participar. Noraboa 😉 !

Que que é ? En Andan I secundaria do curso pasado e en Andan I primaria do curso pasado e mais nas categorías da columna da dereita podedes ver como funciona a actividade.

En poucas palabras: lanzamos unha pregunta á que debedes responder aproveitando todos os coñecementos da xente que vos rodea -e que sabedes que domina a lingua aínda que eles digan que falan mal-). Investigade e colgade un comentario na mesma entrada da nosa pregunta, poñendo como nome do participante as vosas iniciais, o número e a clase.

Aproveitade para facer comentarios, darnos a coñecer expresións complementarias que signifiquen o mesmo, ou que digan xusto o contrario, ou o que vos pete! Iso si: a lingua é de todos, patrimonio común, así que tratade de coidala. Usade maiúsculas, acentos, etc. cando corresponda.

Que por que participar?

Pois home (ou muller), porque á parte de que nos parece que pode ser divertido, cremos na importancia da diversidade, que é moi bo para nós (e non fai mal a ninguén) que saibamos quen somos,  que coñezamos as nosas orixes e manteñamos viva a nosa lingua; só así podemos saír ao encontro doutros sen que nos-outros desaparezamos e nos convirtamos nunha triste copia da cultura que se nos achega.

Que? Anímaste ou…?

Estás entrando no mundo dos adultos, estás configurando o adulto que vas ser no futuro. Parabéns!

E que tal se comezades por nos dicir que significa o título da actividade? Ten outras variantes como: Andar na(s) boca(s) do mundo.

Ala, que non sempre vai ser tan doado!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Andan na boca da xente, Andan: Secundaria. Ligazón permanente.

11 Responses to Andan na boca da xente I – Secundaria

  1. V. F. M. Nº 14 3º C di:

    Eu penso que “andar na boca da xente” refírese a “estar en boca de todos”,é dicir,que todo o mundo te critica.

  2. AVP, n26, 3A di:

    Eu creo que significa que todo o mundo o comenta ou o sabe.

  3. PSG, nº 27, 3ºB de ESO di:

    quere dicir que unha persoa ou cousa non deixa de ser comentada pola xente en xeral

  4. C S P Nº24 3ºB di:

    Penso que é ser obxecto de murmuración.

  5. L.G.F. Nº16. 3ºC E.SO. di:

    Que todo mundo anda a falar de ti.

  6. Iago di:

    Anda na boca da xente aquela persoa que, sexa polo seu atractivo persoal, polas súas accións, comportamento, propiedades, etc. é un obxectivo atractivo para as linguas murmuradoras.

    IPG 21 3ºC ESO

  7. LBC n•7 3•C ESO di:

    Que todo o mundo fala diso.

  8. Que todo o mundo fale de un.
    Ser popular por algo malo ou bo.
    Ser obxecto de comentario.

  9. MRF Nº21 3ºB di:

    Significa que falan del oralmente, que vai de boca en boca

  10. Oscar L D 6ºb di:

    Significa que todos falen de iso

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s